Francisco Jorquera. “O Estado e a Xunta volven fallar á Ría do Burgo, que destinen recursos e non só boas palabras”

Francisco Jorquera, candidato do BNG á Alcaldía da Coruña, critica o incumprimento e o engano das institucións diante do fracaso dun plan anunciado hai só un mes.

A Coruña, 23 de febreiro.- “O Estado e a Xuntan volven fallar á Ría do Burgo. Fracasou o plan que anunciaron hai só un mes. Queda en evidencia o incumprimento, un novo engano. E non só aos colectivos directamente afectados polo estado da Ría do Burgo, senón tamén a toda a comarca”, valorou Francisco Jorquera, o candidato nacionalista á Alcaldía da Coruña despois de coñecer que os fondos da UE sen executar que o Goberno socialista se comprometera a solicitar a súa reasignación para a recuperación da Ría do Burgo xa foron destinados a outras partidas.

Grazas ás xestións da eurodeputada do BNG, Ana Miranda, tamén se soubo esta semana que o Estado español non fixo aínda a petición de reasignación, un mes despois de que se tivera anunciado por parte do Goberno socialista, da Xunta de Galiza e do Concello da Coruña ese plan para intervir na Ría. “Hoxe confírmase o que denunciamos no seu momento, aquel plan do Goberno e da Xunta, aplaudido polo goberno municipal da Coruña, non era fiábel e anunciábase sen ter falado con quen tiña que dar o visto bo: Europa”.

Jorquera, que xunto a Avia Veira, acompañou a Bruxelas a finais de xaneiro a Ana Miranda e representantes da Plataforma de Defensa da Ría do Burgo, subliña que “esa partida de fondos perdeuse, nin sequera se fixo a solicitude e agora os prazos son curtos”. O candidato do BNG á Alcaldía da Coruña considera que “para asegurar que realmente se vai acometer a rexeneración da Ría do Burgo é preciso un compromiso claro por parte do Estado, e xa vimos e denunciamos que a partida consignada nos Orzamentos Xerais era insuficiente, e malia iso as contas do PSOE galego e de En Marea. E tamén é preciso un compromiso claro por parte da Xunta. Deben destinar cartos e non só boas palabras á rexeneración da Ría”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.