Luís Villares: “Mentres Feijóo paséase nunha marcha falanxista polo odio e a confrontación, unha marea humana maniféstase a favor da vida e da saúde”

“Hoxe mentres Núñez Feijóo paséase nunha marcha convocada por falanxistas, unha marea humana de xente maniféstase en defensa da sanidade pública”, asegurou esta mañá o voceiro de En Marea, Luís Villares, antes do comezo da multitudinaria mobilización, convocada en Compostela por SOS Sanidade Pública, na que a praza da Quintana quedou pequena para acoller ás decenas de miles de galegas que decidiron defender o que son dos dereitos fundamentais: a saúde e a vida.

“Queremos mellores servizos públicos e queremos mellor atención sanitaria. Non queremos máis recortes. Queremos recursos suficientes para ter médicos en atención primaria e personal sanitario nos hospitais. Non queremos listas de espera e non queremos que se faga negocio cos recursos que hai para a sanidade pública”, incidiu Villares e engadiu: “É unha manifestación en defensa da vida e da saúde”.
O voceiro recriminoulle a Núñez Feijóo que lle dea as costas ás galegas e aos galegos porque mentres isto pasa en Compostela, “Feijóo maniféstase en Madrid nunha marcha polo odio, desfilando con falanxistas e buscando simplemente a confrontación entre cidadáns. Mentres nós estamos defendendo hoxe aquí os dereitos fundamentas á vida e á saúde das persoas”, insistiu.
Villares explicou cales son as opcións coas que contarán as galegas e os galegos o vindeiro maio, e que no día de hoxe pódense ver reflectidas no que está acontecendo aquí e en Madrid. “Nós facemos unha oferta inclusiva, unha oferta en dereitos sociais, que é a que nós manifestamos hoxe aquí, que é na defensa da vida, na defensa da saúde, na defensa dos servizos públicos, e o PP marcha con falanxe española polo odio”, sentenciou.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 + diecinueve =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.