Luís Villares: “Se Feijóo non quere exercer como presidente da Xunta, que dimita inmediatamente”

O voceiro de En Marea, Luís Villares, denunciou hoxe que o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, “abandonou as súas funcións como presidente” ao adiantar o regreso da súa viaxe a Estados Unidos para acudir a un acto de partido, a manifestación que tivo lugar en Madrid, mentres que “a única mobilización importante de onte para a cidadanía de Galicia” foi a manifestación en defensa da sanidade pública que se celebrou en Santiago de Compostela. Desta maneira, Villares considera que “quen non está onde ten que estar, o que debe facer é dimitir. Se Feijóo non quere exercer como presidente, que dimita inmediatamente”.
Para En Marea produciuse un acto moi grave, xa que o presidente da Xunta “actuou como subordinado de alguén que non o escolleu, como obediente home de partido de Pablo Casado e de Santiago Abascal, abandonando as funcións para as que si foi escollido. Como recoñeceu a propia Xunta, o presidente adiantou o regreso de Estados Unidos deixando tirados os seus compromisos, deixou as súas obrigas institucionais e adiantou a volta por un acto de partido”.
Ante isto o voceiro de En Marea preguntouse “a quen se debe Núñez Feijóo? Ás súas funcións como presidente ou a secundar como militante do PP unha marcha acompañado de falanxistas? Que é máis importante: facer valer os intereses económicos e industrias de Galicia no estranxeiro ou ir a unha manifestación acompañado de falanxistas para promover o odio en España?”. Villares sinalou que esta acción merece explicacións e En Marea solicitounas a través de dúas iniciativas parlamentarias pedindo información sobre o custo da viaxe e desa volta para todos os galegos e galegas. ” Quen vai pagar iso? A Xunta ou o PP? Porque o adianto da volta e a cancelación de actividades foi a causa da súa actividade partidaria”, incidiu Villares.

O voceiro tamén se referiu á multitudinaria manifestación que percorreu as rúas de Compostela en defensa da sanidade pública. “Vimos un clamor popular, unha verdadeira marea humana de máis de 20 mil persoas, onde colectivos profesionais, pacientes usuarias e usuarios da administración sanitaria saíron reclamando melloras substanciais na atención sanitaria do noso país, o fin da precariedade, dos recortes, da privatización dos servizos públicos que son esenciais para a cidadanía”.
Para Villares, que tamén lembrou que a marcha se producía mentres houbo o segundo colapso nun mes no PAC de Vigo, hai unha consecuencia clara da mesma, que debe ser “a dimisión inmediata do conselleiro de Sanidade. A manifestación foi clara e contundente, o clamor foi unánime e iso é o que lle importa á cidadanía de Galicia, a mellora da atención sanitaria que o conselleiro non pode dispensar”.

PUBLICIDADE

Canal Coaching La autoestima

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

8 − ocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.