Mañá domingo celebrarase o XXIX Dúatlon Cidade de Lugo, segunda proba do Circuíto Galego de Dúatlon de Estrada 2019, con case 200 deportistas inscritos.

Enorme a participación nesta segunda proba da tempada e algúns nomes coñecidos como o de Brais Misa (Arcade Inforhouse) -que gañou a primeira proba do circuíto en Poio-, Gustavo Rodríguez (Tri-Penta Terras de Lugo), Romaric Forques (Cidade de Lugo Fluvial) Ismael López (Cidade de Lugo Fluvial), Víctor Bouzón (Olímpico de Vedra), Ismael Viéitez (Tríatlon Arteixo) Martín Carrera (Tríatlon Boiro), Marcos Ruíz (Tríatlon Ferrol) ou o cadete Esteban Basanta (Cidade de Lugo Fluvial), entre outros.
Na proba feminina, destacan as irmás Brea, Joselyn e Edymar (do Tri-Penta Terras de Lugo), aínda que Noelia Serantes (Náutico de Narón), Tania Garabatos (Olímpico de Vedra) ou María Jesús Coia (Cidade de Lugo) entre outras, loitarán por poñerlle as cousas moi
difíciles.
A proba, que se celebra sobre a distancia sprint (5 quilómetros a pe, 21 quilómetros en bicicleta e 2,5 de carreira a pe), ten como punto de saída, transición e chegada o Pazo de Congresos. A proba feminina comezará ás 11:50 horas, mentres que a masculina terá dúas saídas (10:30 e 12:00 horas, con corte). O Dúatlon Cidade de Lugo recibe o  nome de “Memorial Alejandro López” en homenaxe ao ex directivo da
Federación Galega de Tríatlon.
O Circuíto Galego de Dúatlon 2019 está formado por 4 probas (Concello de Poio, Cidade de Lugo, Cidade de Vigo e Cidade de Santiago), que son clasificatorias para o Campionato Galego, que se celebrará en Riveira o día 7 de abril. En cada unha das probas clasifícanse 22 deportistas para o Galego. Na primeira proba da tempada, o Dúatlon Concello de Poio, Aída García (Club Ciclismo Tríatlon Poio) e Brais Misa (Arcade Inforhouse Santiago) lograron a vitoria.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

11 + cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.