O BNG de Oleiros celebra este luns 18 en Lorbé unha asemblea veciñal aberta

Será a partir das oito da tarde na Casa do Pobo da localidade 

O BNG de Oleiros segue adiante co seu proceso de asembleas abertas nas diferentes parroquias do concello para dar conta do traballo político feito ao longo do mandato que está próximo a finalizar e recoller, a través do diálogo directo con toda a veciñanza que se achega a estes encontros, novas ideas e propostas que logo poidan incorporarse ao programa electoral con que o Bloque concorrerá ás eleccións municipais do 26 de maio.

Despois da asemblea celebrada este venres en Mera, este luns 18 será a quenda da zona norte do municipio, a partir das oito da tarde na Casa do Pobo de Lorbé. O formato escollido, como nas ocasións anteriores, será o dunha asemblea aberta á participación de todas as veciñas e veciños interesados cun formato moi distendido, en forma de coloquio, no que poidan ir saíndo temas de interese e tamén posíbeis propostas.

Dous asuntos sobre os que o BNG de Oleiros ten moito interese en falar coa veciñanza de Dexo e de Lorbé, para coñecer as súas opinións e propostas, son a situación do Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes e o proxecto de creación dun porto deportivo en Lorbé. Outro tema que o BNG tamén quere trasladar a esta asemblea do luns é o das necesidades do actual porto en relación coa nova Lei de Portos de Galiza de decembro de 2017.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.