O BNG de Viveiro sumouse á manifestacion en defensa da sanidade publica galega que tivo lugar hoxe en Compostela.

Os nacionalistas de Viveiro reclaman a recuperación da Area Sanitaria da Mariña e acusan ao PP de desmantelar os servizos de atención primaria da Mariña e hospital da Costa, poñendo en grave perigo a saúde d@s mariñáns.

O BNG de Viveiro ven denunciando desde hai tempo a precariedade laboral e o deterioro dos servizos cos que se ve obrigado o persoal sanitario do Centro de Saúde de Viveiro a prestar atención profesional aos usuari@s do centro viveirense.
Por último, cabe recordar que desde o BNG vense de demandar á Xunta, a travès dunha moción presentada no concello, as seguintes melloras para o CSaude da vila: 4praza médica na queda de tarde, crear o servizo de fisioterapia na quenda de tarde, dotar ao PAC de dúas equipas completas con persoal médico e de enfermería os 365 días e cubrir a praza de pediatría vacante

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

nueve + quince =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.