O comité de empresa de Vulcano reuniuse con Luís Villares, Francisco Casal e co concelleiro de Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome

A plantilla de Vulcano leva cinco meses sin cobrar, segundo explicou o comité de empresa ao voceiro de En Marea. O comité de empresa de Vulcano reuniuse con Luís Villares, Francisco Casal e co concelleiro de Marea de Vigo, Xosé Lois Jácome. Nesta reunión, os traballadores explicaron a situación dunha empresa na que a plantilla fixo todo o posible por rematar o barco. Neste sentido, os integrantes do comité de empresa explicaron que levan cinco meses sin cobrar, os dous primeiros seguiron traballando porque a intención da plantilla é rematar co barco.

O voceiro de En Marea recolleu as explicacións da plantilla para convertela nunha iniciativa parlamentaria que obrigue á Xunta de Galicia a tomar unha actitude distinta da actual, “unha actitude de abandono” segundo explicou o voceiro de En Marea. Villares apuntou que a Xunta “non está asumindo a súa responsabilidade de cara á factoría e aos traballadores de Vulcano, pero tampouco está tendo unha actitude activa para o sector naval en Galicia onde se está dando o paradoxo de que “as empresas están tendo carga de traballo pero os traballadores non están percibindo esta melloría”.
Para En Marea a Xunta ten unha responsabilidade máis que obvia, en primeiro lugar porque “debe interesarse polos intereses das galegas e de todos os sectores produtivos, polo mesmo motivo polo sector naval”. Pero tamén sinalou Villares que a Xunta ten tamén “unha participación en Vulcano poloa vía dun préstamo circulante de 6 millóns de euros, unha participación en nome da cal a Xunta debería estar preocupada pola boa resolución deste conflicto”. No mesmo sentido, engadiu o voceiro que tamén é necesario coidar dos intereses dos traballadores porque a plantilla “explica que todo o mundo se está lavando as mans e os máis prexudicados nesta situación son eles”.
Villares considera que a intervención por parte da Xunta está máis que xustificada porque os traballadores “informaron en todo momento da evolución dos traballos sen que o goberno quixera entender a auténtica situación do asteleiro”.
Para o voceiro de En Marea a Xunta debe actuar para “restaurar a confianza de todos os intervintes no proceso de construción do barco, debe buscar o mecanismo para asegurar o pago de nóminas, non só da factoría, senón tamén das empresas auxiliares que prestan servizos e material a Vulcano”. Pero ademais, a Xunta debe velar non só porque estas medidas sirvan para finalizar este encargo “tamén debe garantir con estas medidas que a factoría sexa viables para futuras encargas”. Considera Villares que a Xunta non está actuando de acordo co seu verdadeiro papel, “debe dinamizar a situación industrial de Galicia e polo tanto debe coidar de que este asteleiro sexa viable para a situación actual e para o futuro”.
Villares lembrou que agora mesmo xa había “miles de familias que estaban quedando na rúa nun sector que estaba recibindo carga de traballo e esta contradición tamén ten que solucionala a Xunta de Galicia”. “Se hai carga de traballo para os asteleiros, hai que garantir a continuidade de traballo e as condicións dignas dos traballadores”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.