O Grupo Popular reúnese con representantes sindicais de Vodafone en Galicia

O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, e a deputada Marta Nóvoa mantiveron unha reunión con membros do sindicato Comisións Obreiras para tratar a incidencia en Galicia do ERE anunciado por Vodafone en toda España. Segundo explicaron os representantes sindicais, están en risco un 23 por cento dos arredor de 170 empregos que a empresa xera actualmente na nosa Comunidade.

Na xuntanza, o Grupo Popular insistiu na súa defensa do emprego e da actividade económica na Comunidade galega, especialmente no eido tecnolóxico e da innovación, polo que se comprometeu ante os representantes sindicais a explorar vías para reducir ao máximo a afectación do ERE en Galicia.

Do mesmo xeito, os deputados populares entenden que, ao tratarse dun expediente de ámbito nacional, correspóndelle ao Goberno Central buscar solucións a un problema que afecta a unha empresa con 5.000 traballadores en todo o país.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.