O presidente de Novas Xeracións de Galicia mantivo unha reunión co presidente da Asociación ourensá de venezolanos Alma LLanera, Lorenzo González

No devandito encontro, mostraron a súa preocupación pola situación do país suramericano, en especial coa realidade dos emigrados galegos aínda residentes en Venezuela.

Para o dirixente das mocidades populares galegas “resulta incrible que esas organizacións que se mobilizan contra un ditador que leva 40 anos morto, non só non fagan nada contra o ditador Maduro, senón que convocan manifestacións para apoialo”.

“Mentres outras asociacións como Galiza Nova ou as Mareas de Podemos actúan como sucursais da ditadura bolivariana en Galicia, o Partido Popular sempre estará a favor da democracia e da liberdade”, ao que engadiu que a súa organización sempre se mostrará disposto a axudar á emigración venezolana residente en Galicia como tamén cos emigrados galegos en Venezuela e que sofren en primeira persoa a represión da ditadura chavista.

O oleirense entende que o proteccionismo das organizacións de extrema esquerda e o blanqueamiento que lle tentan facer ao ditador venezolano correspóndese coa admiración que lle procesan e o seu intento de exportar o sistema político bolivariano a Galicia e a España.

Para Pardo a resposta do Goberno central chegou tarde e mal debido a que resulta complicado de entender que España, un dos países con máis vinculación histórica e cultural con Venezuela tardase máis dunha semana en recoñecer ao presidente da Asemblea venezolana como presidente encargado da República, a Juan Guaidó; para Adrián Pardo o motivo disto é que o Presidente do Goberno é refén de “independentistas cataláns e populistas inspirados no chavismo para seguir na Moncloa”.

Para finalizar, o presidente de Novas Xeracións afirma que “España merécese un Goberno que se faga respectar dentro e fóra das nosas fronteiras, tal e como se demostrou na manifestación en contra das concesións do Goberno aos secesionistas cataláns a semana pasada en Madrid”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 3 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.