Oleiros. O IES Miraflores organiza o III Congreso da Axencia espacial escolar galega

O Auditorio Gabriel García Márquez de Mera acollerá o vindeiro 11 de febreiro a terceira edición do Congreso NOSA, no que participarán preto de 300 estudantes de diversos institutos de toda Galicia. O profesorado e o alumnado do IES Miraflores, coa colaboración do Concello, organizan este evento, no que se analizarán os datos extraídos a partir do envío dunha cápsula á estratosfera o pasado curso.

 No congreso tamén se presentarán os obxectivos da Marumasat IV, a nova cápsula coa que se pretende chegar novamente ata os 35.000 metros de altura.  O aparello incorporará os equipos audiovisuais necesarios para gravar o ascenso e descenso. Isto permitirá que ademais da análise dos datos, os estudantes editen as imaxes gravadas para montar unha curtametraxe, despois da aterraxe e posterior localización.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.