Os Fillos de Breogán impuxéronse aos Ártabros nun novo derbi das Mariñas xogado na Cidade Deportiva da Torre.

O vento, como adoita ser habitual á beira do mar na Coruña, foi o protagonista. Os branquiazuis foron superiores durante todas as fases do partido,pero as imprecisións nos tiros altos por parte dos dous conxuntos sucedéronse motivadas pola forza que enviou Eolo para frealos como se se tratase dunha Eneida cascarilleira.

A primeira vítima do vento foi o equipo negro. Na primeira metade o aire sopraba contra a portería defendida por Yeyu. Os Fillos dominaban o ritmo do partido e chegaban preto da área dos Ártabros. Alí, Liam, Víctor e Nafa principalmente procuraban sumarpuntos para a conta de fillos. Unhas veces a forza do vento e outras, a defensa ártabra, conseguiron anular as tentativas branquiazuis.
Con todo, o problema ártabro non era só frear o ataque dos Fillos. Había que sumar no outro lado do campo. E aí, os atrancos eran maiores. Un espectacular Seijas, coma sempre, foi un incordio para a ofensiva dos Ártabros. A pesar do bo traballo defensivodos Fillos, Fariñas conseguiu chegar, por velocidade, e o equipo negro puido sumar un gol antes do descanso. Outro tanto dos Ártabros nesa primeira parte foi anulado polo árbitro do encontro logo de que tanto Fariñas como o defensa Iago aterrizasen literalmentesobre o porteiro dos Fillos, Iván, que puido completar o encontro malia a dureza do golpe.
A segunda parte non foi diferente. Os Fillos seguiron mandando e os Ártabros teimando por meterse no partido mais sen fortuna. Eamonn, no ataque Ártabro, deixou os detalles da calidade que pode ter un xogador de Kerry. Os seus duelos con Víctor foron dignos de mención. Víctor amosou, unha vez máis, que é o máis irlandés dos galegos. Fixo de todo e todo ben: comandou o ataque, distribuíu xogo, bloqueou tiros e anotou puntos cunha técnica excelente mesmo co vento en contra. Víctor semella que naceu para xogar ao fútbol gaélico e este deporte está feito para el. Mais non foi só el. O encontro definiuse pola maior calidade do plantel branquiazul. Os Ártabros, sempre en loita, non baixaron os brazos. Por iso, os Fillos tampouco puideron facelo.
A segunda parte seguiu a ter o vento presente e, tamén, un pouco de chuvia miúda. Pero non houbo grandes cambios. O derbi foi branquiazul. Os Fillos de Breogán sumaron un novo triunfo ante o seu equipo irmán. Un choque marcado pola cordialidade, con accións duras pero limpas, como debería ser en todo momento no noso deporte.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 + trece =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.