Os veciños de Ribadeo dispoñen dunha avenida peonil entre o Vilar e o centro urbano

Campos Conde e Suárez Barcia supervisaron o remate dos traballos de renovación da Avenida de Ribadeo que contan cunha achega do Executivo Provincial de 380.000 euros, e do Concello con 58.500 euros.

O Presidente remarcou que “con estas obras cumprimos unha débeda histórica cos veciños de Ribadeo que demandaban unha mellora nas comunicacións, permitindo que todos os usuarios poidan realizar este traxecto polas novas sendas peonís, dende o centro ata o Vilar”

Estes fondos permitiron humanizar todo o tramo da antiga N-634 con novas beirarrúas, aparcamentos, nova instalación eléctrica, pluviais, así como a creación dun novo acceso a area comercial do Vilar, onde están ubicados 23 establecementos da vila.

PUBLICIDADE
Canal Coaching: La autoestima

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciocho + diez =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.