“Pepiño” Blanco, o actor que sigue o guión de Fomento, evita responsabilidades e bota a culpa ao maquinista

A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, interviu este luns na Comisión de Investigación do Accidente do Alvia durante as comparecencias da ex-ministra e actual presidenta do Congreso, Ana Pastor, e do ex-ministro José Blanco.

“Blanco veu á Comisión nunha actitude á defensiva e por momentos crispado”, explicou a deputada, que recalcou que mostrou “a pouca vontade de colaboración que ten”.

“Foi o resposable do ministerio no momento no que se modificou o proxecto e se recortou na seguridade e foi incapaz de explicar como esa modificación sorteou ata tres barreiras de control”, denunciou a deputada, que incidiu en que nesas tres barreiras houbo neglixencias en canto á seguridade.

Fernández insistiu: “Se aplicaran os controis de seguridade, incrementaríase o tempo e non daría tempo para a inauguración. Foi incapaz de dar un argumento razoable sobre o incumprimento da normativa”.

En Marea considera que ademais, o ex ministro mantivo o guión do Ministerio tanto do PP como do PSOE e evitou responsabilizarse e culpou ao maquinista.

ANA PASTOR: “Non coñecía nada”

A ex ministra Ana Pastor empregou a técnica de non saber nin lembrarse de nada, a pesar de que foi a ministra responsable de Fomento no momento do accidente de Angrois.

“Foi a ministra da Fomento e non sabía se era Alta Velocidade ou non, non sabía se desconectar o sistema ERTMS empeoraba ou non as condicións de seguridade, non é admisible”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − catorce =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.