Preto de 500 escolares déronse cita hoxe en Vilalba para participar no Campionato Provincial de Campo a Través do programa Xogade

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, participou na entrega de premios, que tivo lugar a última hora da mañá no estadio municipal de fútbol da Madalena. O recinto acolleu a saída e a meta das probas e as carreiras discorreron pola contorna, nun campo anexo ao estadio.

Participaron no campionato 27 clubs, escolas deportivas municipais e equipos de centros educativos de distintos concellos da provincia, en concreto nove da Mariña, sete da Terra Chá, outros tantos de Lugo, e catro de Lemos. Os deportistas realizaron circuítos de distinta intensidade, que oscilaron entre os 750 metros de distancia par aos benxamíns e os 3.900 metros para os cadetes.

O programa Xogade, o impulsa a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

O programa Xogade vai dirixido aos centros de ensino, ANPAs, clubs, escolas deportivas municipais, agrupacións deportivas, asociacións e outra entidades que o desexen. Neste caso, as probas contaron coa colaboración do concello de Vilalba.

Na provincia de Lugo participan arredor de 15.000 nenos e nenas  neste programa que ofrece 14 modalidades deportivas diferentes: atletismo en pista, badminton, baloncesto, balomán, campo a través, duatlón, fútbol sala, multixogo, natación, orientación, patinaxe, tenis de mesa, voleibol e xadrez.

Con esta iniciativa, a Xunta pretende fomentar a práctica do deporte  dende idades temperás “para educar aos escolares en valores e en hábitos de vida saudables”, segundo indicou Balseiro.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 + siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.