Puy afirma que o PP “actuou de forma coherente votando en contra duns Orzamentos do Estado que eran malos para a economía española e galega”

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe que o Partido Popular “actuou de forma coherente no Congreso ao votar en contra dos orzamentos xerais do Estado”, que foron rexeitados ao prosperar as seis emendas á totalidade presentadas, porque “son malos para a economía española e galega, que está a vivir unha fase de crecemento e transformación; e tamén son malos no ámbito territorial, porque trataban dunha forma inxusta a Galicia”

Pedro Puy asegurou que os orzamentos do Estado “terían sido malos para Galicia, que leva encadeando varios exercicios de crecemento do PIB por enriba de España e cunha economía baseada nas exportacións, a segunda mellor con saldo comercial”.

En concreto, lembrou que supoñían “un descenso de 165 millóns de euros respecto a 2018, e nos que Galicia pasaba de representar o 10 por cento a pouco máis do 6 por cento”. Do mesmo xeito, rexistraban unha caída do 26 por cento do investimento territorializado para Galicia, pese a incrementarse un 26 por cento a nivel global e incluso un 57 por cento en Cataluña.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciseis − 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.