A Casa da Cultura de Monforte de Lemos acolle a exposición da Xunta sobre a provincia no pasado século, con fotos de José Luís Vega e textos de Amor Meilán

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, sinalou que a  mostra “lembra o noso pasado recente  e resultará moi ilustrativa para as novas xeracións”

A Casa da  Cultura de Monforte de Lemos acolle dende hoxe a exposición A provincia de Lugo a mediados do Século XX,  organizada pola Consellería de Cultura e Turismo con fotografías de José Luís Vega e textos de Manuel Amor Meilán. Permanecerá exposta ata o vindeiro día 29 de marzo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asistiu á inauguración xunto co alcalde, José Tomé, entre outros. Explicou que se trata dunha exposición itinerante que mestura “imaxes da vida cotiá xunto con episodios bélicos -das guerras napoleónicas e carlistas-, lendas, apuntes da economía local e poderosas descricións, dos lugares e  da realidade socioeconómica do momento”.

O delegado gabou a forza das imaxes e da palabra que “nos definen moito mellor do que o poden facer todas as estatísticas posibles” e invitou a todos os monfortinos e visitantes a percorrer esta exposición “que nos obriga a  mirarnos por dentro e extraer conclusións” sobre a evolución da provincia. “É unha mostra que lembra o noso pasado recente -afirmou- e resultará moi ilustrativa para as novas xeracións”.

A Xunta recuperou esta mostra, que foi exposta por primeira vez hai máis de vinte anos, e que reúne as fotografías de Vega, que custodia  o Arquivo Histórico Provincial, e textos da   obra Geografía General del Reino de Galicia, en concreto do tomo que redactou Amor Meilán sobre a provincia de Lugo. Balseiro apuntou que a Biblioteca Pública Provincial dispón dun exemplar orixinal entre os seus fondos antigos e engadiu que o material orixinal que serviu de base á exposición pode consultarse nestes centros “indispensables na vida cultural lucense”.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − 13 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.