A Entrevista. Miguel Mayán cabeza de lista no 26M polo PSdeG-PSOE en Porto do Son. “Seremos un referente do deporte na Comarca”

Manuel Fernández García

Quedan menos de 3 meses para as eleccións municipais e os candidatos dos diferentes partidos comezan a xogar as súas cartas, neste caso será a candidatura do PSdeG-PSOE en Porto do Son encabezada por Miguel Mayán, que dende fai moitos anos traballa  no Concello de Porto do Son.
Miguel, que lle levou a ser o cabeza de lista do PSOE en Porto do Son?
Os/as veciños/as tiveron moito que ver nesto. Eles viron en min unha persona implicada e con vocación no social e sobre todo con capacidade para liderar un cambio profundo e positivo na xestión municipal.
Coméntase que se presenta por vinganza, que hai de certo niso?
Preséntome por un futuro mellor, por unha transformación profunda e un cambio de mentalidade que nos posicione no conxunto global do ambicioso proxecto para estar ó nivel de concellos veciños. “A vinganza non vai con meus valores”
Séntese arroupado polos veciños e veciñas do municipio?
Totalmente. Percíbese ilusión e gañas de cambio. É o momento de apostar por un novo perfíl político. É o momento de transformar 8 anos de xestión caducado e obsoleta en un proxecto actual, real e de futuro.
No caso de non chegar a gobernar e que sexan de novo os actuais gobernantes, teme a que  poida haber mala relación con eles?
Dous non discuten se un non quere. Eu só penso en facer unha política constructiva a cal favorezca aos veciños/as e lles resolva os problemas, todo o demais non me importa.
Que proxecto ten para a vila sonense nos vindeiros catro anos?
Un modelo de xestión municipal actual, serio, comprometido e con unha folla de ruta clara e con obxetivos a curto, medio e longo prazo. O talante será cercano, comprometido e de consenso.
Haberá moitas caras novas na lista que presente?
Somos un grupo de veciños/as serios, ilusionados, comprometidos e preparados. A lista e fresca e renovada.
Que carencias presenta na súa opinión o concello de Porto do Son?
Xestión obsoleta cun modelo caducado, mais propio dos 90 e con un talante impropio e inxusto para os cidadans.
Ao seu xuízo, cal é a solución para a mellora das mesmas?
Que o 26 de Maio a xente vote #miguelmayan pois… cómo di o eslogan:
” O PROXECTO QUE QUERÍAMOS, AGORA SÍ ”
Debe o concello dar mais apoio ao deporte que actualmente?
Sen dúbida. Só vou dar un titular «seremos un referente do deporte na comarca»
Por último, que mensaxe lle manda ás persoas que perderon a confianza no PSOE nas pasadas eleccións?
Que non pensen nas siglas, que pensen no mellor para Porto do Son e a partir de ahí que  voten libremente e con responsabilidade. Xogámonos o futuro dun gran concello.
Moitas grazas Miguel, foi un placer.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.