A marea veciñal de Touro creará un servizo municipal de conciliación familiar

O grupo veciñal presentou esta proposta que permitirá conciliar a vida familiar e laboral durante a etapa escolar.
A carencia deste servizo por parte do concello provoca que só se dispoña do programa de madrugadores xestionado pola ANPA. Aínda así, despois das catro da tarde non existe ningún servizo para que as familias que traballenpoidan deixar aos seus fillos. A falta destes servizos é unha limitación máis para que a xente nova quede a vivir no concello, mentres observamos que a nosa veciñanza se muda a vivir a outras localidades próximas que si dispoñen de mellores servizos básicos, o que se traduce no descenso demográfico continuo que padecemos.
O que se propón será un servizo de conciliación municipal que terá unha oferta lúdica e formativa todos os días en horario de 4 a 8 e media da tarde, e que  complementará o servizo de madrugadores existente.

Para a Marea Veciñal de Touro, este servizo é cuestión de vontade política e boa xestión, xa que consideran que reportará grandes beneficios sociais, fixación da poboación e mellora da calidade de vida no municipio. Destacan que son numerosos os casos nos que a poboación dos concellos rurais aumenta ao pasar a dispor dun servizo deste tipo.
Máis melloras fóra do período escolar
A conciliación tamén é igualmente necesaria fóra do período escolar. O programa actualmente ofertado polo concello nos períodos de vacacións escolares é totalmente insuficiente e deficiente. O chamado Xullo Lúdico (de 10:00 a 13:30 no mes de Xullo e primeira quincena de Agosto) é totalmente ineficaz, non cumpre a función de conciliación, obrigando ás familias a recorrer á axuda de avós ou outros familiares que se fagan cargo
dos cativos, ou mesmo levándoos a servizos de ludoteca doutras localidades ou privados. A proposta da Marea Veciñal para Touro inclúe un campamento dende as 08:00 da mañán ata as 15:00 da tarde, ampliando o horario ás tardes se hai demanda*. Do mesmo xeito ampliarán as datas do programa dende o remate do período escolar (Xuño) até o comezo das actividades lectivas (Setembro).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dieciocho − 17 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.