Alternativa dos Veciños presenta a lista electoral de Carral para as eleccións municipais

Alternativa dos Veciños presentou ante a Casa do Concello a lista electoral que se presentará ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio no Concello de Carral. A candidatura, que encabeza o funcionario municipal Javier Gestal, está formada por un grupo de mulleres e homes de diversas parroquias, vencellados ao movemento social, cultural e deportivo do municipio, que pretenden acabar coas políticas caciquís que practica o Partido Popular e que impiden o progreso de Carral.

A lista será a seguinte:

  1. Francisco Javier Gestal Pose – Paleo
  2. Susana Guimarey García – Paleo
  3. Francisco Javier Bello Hermida – Tabeaio
  4. Mercedes Caridad López – Cañás
  5. Rubén Caamaño Rodríguez – Sumio
  6. Inmaculada Martiñán Insua – Paleo
  7. Carlos Eirís Patiño – Paleo
  8. Iria Gestal Castelo – Quembre
  9. Fernando Brandariz Fachal – Sergude
  10. Mª Carmen Martínez Fragoso – Paleo
  11. Natalia Patiño Cañás – Cañás
  12. Julio José Dosil Mariñas – Paleo
  13. Iria Taibo Casás – Paleo

SUPLENTES: Isabel Cañás Regueiro – Paleo, José Manuel Botana García – Paleo e Carla Seoane López –San Vicente de Vigo.

Unha das prioridades para Alternativa dos Veciños en Carral é a aprobación do Plan Xeral, para que exista un crecemento sostible e ordeado e para garantir a seguridade xurídica dos veciños e veciñas. Alternativa tamén vai loitar para conseguir novas infraestruturas, equipamentos e zonas verdes para mellorar a convivencia, o lecer, a cultura, o ensino, o deporte e a atención ás persoas maiores.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.