APIN SON PONTECESO presenta a súa candidatura o sábado no Museo de Corme

Despois de catro anos á fronte das áreas máis dinámicas do goberno municipal, en APIN SON PONTECESO estamos preparados para formar o equipo de traballo que precisa o noso concello. Un equipo sólido e estable, que chega a esta nova cita electoral coa experiencia acumulada dende o 2015 pero coa mesma ilusión e o mesmo compromiso: construír, coas achegas de todas e todos, un Ponteceso mellor.
Este sábado 23 de marzo, ás 20.30 horas, no Museo de Corme, presentamos a candidatura de APIN SON PONTECESO que acadará eses obxectivos. O mesmo equipo de hai catro anos cos únicos cambios obrigados pola sangría laboral que está obrigando á nosa mocidade a volver a coller as maletas para buscar un futuro polas nefastas políticas de formación e emprego dos gobernos autonómico e central. Nós queremos que ese futuro de esperanza, ilusión e traballo estea aquí, e por iso convidámosvos a sumarvos ao noso proxecto.
En APIN SON PONTECESO non vimos á política a facer carreira. Estamos aquí para poñer en valor os numerosos recursos que ten o noso concello e despois dun período negro, marcado por sucesivos gobernos populares que nos deixaron en herdanza a débeda máis alta da nosa historia democrática, estamos en condicións de aproveitar os froitos da boa xestión económica destes últimos catro anos para seguir avanzando, medrando e mellorando as infraestruturas e os servizos que a nosa veciñanza demanda, precisa e
merece.
Temos o equipo, temos as ideas e temos a forza necesaria para gañar estas eleccións. Súmate! Acompáñanos este sábado 23!!!

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres + 6 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.