CCOO intensifica as protestas en DIA ante unha xornada decisiva para o futuro da empresa

 A Federación de Servizos de CCOO sinala que este mércores é unha xornada decisiva para o futuro do Grupo DIA e do seu cadro de persoal, xa que se celebra en Madrid a xunta xeral de accionistas, da que pode saír un novo equipo directivo. Tamén está previsto que se debata o plan de viabilidade da distribuidora de alimentación, que condicionará o ERE que prevé levar adiante a empresa.

CCOO convocou en solitario paros de dúas horas, de 10:00 a 12:00 e de 17:00 a 19:00, xunto con concentracións en lugares sinalados. No caso de Galicia, xa houbo unha protesta este mediodía fronte ao almacén do grupo no Polígono do Tambre, en Santiago de Compostela. Pola tarde haberá concentracións diante de tendas de Ourense (avenida de Zamora, n.º 41), Lugo (avenida da Coruña, n.º 74) e de Vigo (rúa do Conde de Torrecedeira, n.º 109).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.