CIG Saúde A Mariña congratúlase de que o SERGAS teña en conta as súa demandas e dote dunha cuarta enfermería pola creación da cuarta praza médica no Centro de Saúde de Viveiro

Fai máis dun ano cando a CIG Saúde A Mariña, nunha xuntanza celebrada en Burela con Ramón Ares e outros membros da EOXI, pedía a creación dunha cuarta praza médica para o Centro de Saúde de Viveiro, para así garantir unha mellor atención sanitaria e evitar a sobrecarga asistencial, xa que o SERGAS afirma que en Galiza a media de pacientes por médico en Atención Primaria está en 1.282 tarxetas por cada facultativo, algo que se incumpre en Viveiro, onde mesmo hai facultativos con máis 1.800 pacientes na súa cota.

“Na quenda de tarde hai actualmente 4.714 cartillas e tres facultativos”, sinala a central nacionalista. Por todo o anterior e sabedores de que o SERGAS é coñecedor da situación, pedían a creación dunha praza médica a maiores en quenda de tarde, algo que será unha realidade a 1 de abril de 2019 segundo fontes do SERGAS.

A nova é positiva, froito da negociación, da denuncia pública e da forte mobilización social, mais CIG Saúde A Mariña lémbralle o resto das súas demandas ao SERGAS para mellorar o Centro de Saúde no Concello de Viveiro, onde ven fundamental rescatar a Atención Primaria e propoñen un plan que recolle medidas moi concretas:

1-.Mellorar os equipamentos no centro de saúde.

2-.Cobertura do 100% das ausencias e baixas dende o primeiro día.

3-.Atención fisioterapéutica no Centro de Saúde de Viveiro en quenda de tarde, xa que só se dispón dunha fisioterapeuta na quenda de mañá, o que supón que o servizo e a instalación pública permaneza pechada pola tarde provocando longas listas de espera (de até un ano) ou a derivación a centros privados. Situación que se ve agravada desde o 31 de xaneiro en que o Sergas rompeu o concerto para a prestación de servizos de rehabilitación con clínicas privadas na Mariña, e todas as persoas que eran atendidas nas mesmas viron suspendido o tratamento de fsioterapia, sen recibir ningunha información e solución do Sergas ao respecto.

4-.Cobertura da praza de pediatra vacante.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

quince − 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.