En Marea apoia a folga xeral de atención primaria en Galicia para o vindeiro mes de abril

En Marea apoia a proposta de folga xeral de atención primaria en Galicia anunciada pola Coordinadora galega de atención primaria para os días 9,10 e 11 de abril, no que suporá o primeiro paro xeral neste sector da sanidade pública en Galicia.
Para En Marea a atención primaria é un sector chave na asistencia sanitaria pública por canto é de próximidade, interacciona de maneira directa coa poboación, contribúe á prevención e axuda a fixar poboación no territorio. Por estes motivos En Marea considera máis que xustificada que se produza a  convocatoria de folga xeral por parte dos profesionais da atención primaria que é un dos sectores máis castigados de toda sanidade galega por parte da Xunta.
En Marea apoia tamén as demandas que realiza a Coordinadora de AP, desde un argumento significativo para atención primaria, o incremento de persoal e convocatoria de prazas, ofrecer contratos dignos para rematar co precariado, que se asuma a negociación dos PAC, as eliminacións das EOXI e a posta en marcha dunha xerencia específica de Atención Primaria

O modelo presentado pola Consellería de Sanidade é un burdo intento de saír do paso e buscar a desmobilización dos profesionais, sen escoitalos, sen negociar con eles e, desde logo, non atende en absoluto as necesidades da atención primaria en toda Galicia.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

20 + 15 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.