O barco vasco Aita Mari, da ONG Salvamento Marítimo Humanitario (SMH), atracará mañá á primeira hora no porto da Coruña

O barco vasco Aita Mari, da ONG Salvamento Marítimo humanitario (SMH), membro da rede Acampa pola paz e o Dereito a Refuxio, atracará mañá á primeira hora no porto da Coruña. É unha das dúas embarcacións españolas que traballan habitualmente no Mediterráneo central – a outra é o Open Arms- ás que o Ministerio de Fomento español impide partir cara á zona de rescate.
O Aita Mari e a súa tripulación permanecerán no peirao de Calvo Sotelo Sur durante toda a vindeira semana para que os veciños e as veciñas da cidade poidan visitalo e recibir todas as explicacións do traballo humanitario que adoitan realizan e que agora non poden desenvolver pola postura do Goberno español e mais as políticas migratorias da Unión Europea. Neste momento hai aberto un proceso de recollida de firmas para convencer ao Executivo de que levante as trabas que impiden ao barco vasco e a Open Arms partir cara ao Mediterráneo a salvar vidas. SMH e Acampa convidan aos coruñeses a aproveitar este fin de semana para acercarse xa ata o buque

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 2 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.