O Concello de Carballo e a Escola Municipal de Hostalaría participan no Fórum Gastronómico da Coruña

O alumnado de Fernando Agrasar presentará dous pratos co título “Tradición”. O pan e a empanada de Carballo, protagonistas no stand da Deputación

Carballo participa por partida múltiple no Fórum Gastronómico que se celebra estes días na Coruña. Este luns mesmo o cociñeiro carballés Adrián Felípez e o director da Escola Municipal de Hostalaría, Fernando Agrasar, participan nunha presentación da asociación Coruña Cocina. Pero o gran día de Carballo será mañá martes. Por unha banda, porque o noso pan e a nosa empanada serán protagonistas durante toda a xornada no stand da Deputación. Por outra, porque catro alumnos/as da Escola Municipal de Hostalaría participarán pola tarde nun showcooking co director e profesor do centro.

Na cociña do Fórum Carballo desenvolveuse hoxe unha actividade especialmente intensa para que mañá saia todo á perfección. Fernando Agrasar traballará en directo con dous grupos de alumnos, de 19.00 a 20.00 horas, na sección “Ágora” do Fórum Gastronómico.

O showcooking, titulado “Tradición”, inclúe, por unha banda, e preparación dunha “Verzada de Barizo”, un prato típico desa parroquia malpicá que contra entre os seus ingredientes con verza rizada, allo, cebola, pemento e ovo cocido. O outro grupo elaborará unha “Falsa pataca do cocido”, unha orixinal proposta con corazón de cacheira desmiolada, envoltorio de puré de pataca vermella e consomé das mondas das patacas.

Todo elo acompañarase cunha explicación dos pratos, fotografías do proceso de colleita dalgúns dos ingredientes e un vídeo da Escola Municipal de Hostalaría que se estreará neste Fórum Gastronómico, unha iniciativa da Área de Turismo da Deputación da Coruña, cuxo titular é o concelleiro carballés Xosé Regueira, que sitúa a riquísima oferta gastronómica no centro da aposta provincial por un turismo de calidade.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

12 + siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.