Oleiros. O prazo de renovación de matrículas nas escolas municipais artísticas finaliza o 26 de marzo

As escolas municipais de danza, música e teatro teñen aberto o prazo de renovación de matrículas para os alumnos e alumnas que xa están matriculados. O novo alumnado poderá facer a preinscrición do 25 de abril ao 2 de maio.

 Para o vindeiro curso escolar 2019-2020 ofértanse un total de 455 prazas para a Escola de Danza, 460 para a Escola de Música e 260 para a Escola de Teatro.

Para realizar a renovación e as novas matrículas, as persoas interesadas deberán dirixirse ás secretarías de ambas escolas de 17.00 a 20.00 horas. Para máis información poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas, e ao teléfono 981 639 143 da Escola Municipal de Música.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

dos × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.