Politiqueando deportivamente coa inauguración da cuberta do estadio de Riazor

O alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, presidiu esta tarde o descubrimento da placa no estadio de Riazor que conmemora as obras acometidas polo Concello, coa colaboración da Deputación provincial, e que significaron o cambio da cuberta do estadio, así como outras melloras que garanten a seguridade dos e das afeccionadas.

O rexedor salientou “a simbiose existente” entre cidade e Deportivo da Coruña, tendo en conta “que se ao Depor lle vai ben, tamén lle vai ben á cidade, xa que o club foi e segue sendo un polo de atracción de visitantes e un xerador económico”.  “Existe unha comuñón entre este equipo e Coruña que se basea en algo tan simple como o feito de que o Dépor nos representa tal e como somos. Coma o equipo dunha cidade que nunca se rende, coma o club dunha Coruña traballadora e orgullosa de selo.

Dunha sociedade que sempre xoga ao ataque, que nunca se encerra atrás, que pode caer, pero que sempre se levanta; que sabe tocar o balón e que nunca deixa a ninguén sentado no banquillo”, explicou o alcalde, que agradeceu a colaboración de todas as entidades e persoas que favoreceron que as obras se levasen a cabo do mellor xeito posible. “Dende as persoas que realizaron as tarefas de construción, ao club e aos e ás afeccionadas, que viron cambiados os seus asentos algunhas xornadas”, dixo.

foto cova rey cintolo

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

veinte − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.