Veciñas e veciños ateigan a UMAR de San Cibrao en demanda dun servizo de Pediatría estable

A UMAR, desplazada no día de onte ao centro de saúde de San Cibrao, recolleu máis de duascentas reclamacións nas que solicitaban a substitución da pediatra titular cada vez que esta colla un permiso, baixa ou vacacións, de forma estable e desde o primeiro día no que se produce a ausencia.

O centro de saúde viuse ateigado de veciñas e veciños que querían facer efectiva a súa reclamación e mesmo habilitouse unha mesa paralela de recollida de demandas nas que catro veciñas colaboraron activamente, por solidariedade e para dar máis axilidade á recollida.
Do mesmo xeito numeros@s veciñ@s acompañaron ao paro de cinco minutos que o persoal de Atención Primaria ven realizando todos os martes, convocados por AGAMFeC.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

16 − 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.