Vigo. Tom Jones, primeiro gran concerto de verán en Castrelos

A actuación do artista británico terá lugar no Auditorio de Castrelos o 23 de xullo, tal e como anunciou este venres Abel Caballero. O alcalde definiu a Tom Jones como unha “lenda da música con maiúsculas” e recordou que unha ducia de artistas pisarán este verán o emblemático auditorio ao aire libre.

As entradas sairán á venda en próximas datas cun prezo que oscilará entre os cinco e os dez euros, segundo avanzou Caballero en rolda de prensa. Tom Jones actuará novamente en Vigo logo de ter visitado a cidade en 1975.
O artista de Gales é unha “lenda da música con maiúsculas”, con máis de cen millóns de discos vendidos en todo o mundo ao longo da súa traxectoria. Jones é o primeiro “gran concerto” anunciado para este verán en Castrelos, o primeiro dos doce artistas que visitarán o auditorio vigués no programa estival do Concello.
Tom Jones sitúase entre os grandes intérpretes da historia da música, destacando pola calidade das súas composicións, a potencia da súa voz e a capacidade para reinventarse. Entre a súa obra destacan himnos xeracionais como “Delilah” ou “It’s not unusual”, e versións feitas propias polo artista, como o “Kiss” de Prince, ademais de temas gospel e soul que leva con mestría ao seu terreo.
O británico chegará a Vigo o 23 de xullo como parte dunha xira que levará a Tom Jones polos principais escenarios do mundo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.