Villares reclama á Xunta que evite a deslocalización de empresas como Bosch e Poligal para evitar a perda de postos de traballo

Luís Villares sinalou no Parlamento de Galicia, na sesión de control ao presidente da Xunta, que a “política industrial actual do PP non evitaba a deslocalización de empresas como Bosch en Vigo ou Poligal en Ferrolterra e non obriga ás empresas á cumprir coa lei”. O voceiro de En Marea apuntou que as dúas empresas teñen “beneficios” e non hai motivos económicos para que se deslocalicen. Villares explicou que as dúas plantillas “son eficaces e están entre as mellores de Europa no seu traballo”.

O voceiro de En Marea explicou que Bosch é a segunda empresa de Vigo detrás de Citroen por número de traballadoras, cun alto índice de emprego feminino. Nesta empresa “acaban de despedir duascentas traballadoras contratadas por ETT, e cun ERTE que afecta a máis de 800. En total, 1000 persoas, case todas mulleres, que vén perigar o seu futuro laboral nunha empresa que, paradoxalmente segue producindo beneficios”, segundo sinalou o voceiro de En Marea.
Villares explicou tamén a situación de Poligal, “unha empresa que foi un símbolo industrial dunha comarca golpeada polo castigo da malchamada reconversión naval, bota o peche en Narón sen que existan motivos económicos para iso”. No mesmo sentido, o voceiro sinalou que Poligal “beneficiouse dunha política de subvencións públicas que a converteu nunha industria punteira da fabricación e transformación de plásticos”. O cadro de persoal de Poligal é “dos mellor formados de toda Europa; cun departamento de I+D+I que innova para todo o grupo empresarial e que constitúe un referente internacional no seu sector”.

Villares denunciou que “toda esta innovación e excelencia industrial recibe como premio Deslocalizar a produción a Portugal e Polonia, en fábricas do grupo que se nutriron e formaron en Narón, levando a nosa tecnoloxía e a nosa innovación para o estranxeiro”. Segundo o voceiro a situación da empresa supón “deixar na rúa 120 traballadoras, defraudar ás administración públicas que pechan tras ter cobrado as axudas, estafar as traballadoras que aceptaron un ERE en 2012 sen que a empresa cumprise coa inversión comprometida e, finalmente, obrigar á toda a sociedade mediante o FOGASA uns salarios que tería que asumir a propia empresa”.

Luís Villares reclamou de Feijóo que defenda tanto as traballadoras de Bosch como as de Poligal. O voceiro de En Marea pediu que a Xunta faga cumprir a lei e poña en marcha un novo marco legal que impida a deslocalización das empresas en Galicia. Acusou á Xunta de non defender á industria galega e non utilizar as ferramentas legais ao seu alcance para evitar que as empresas incumpran coa normativa, despidan á xente e marchen a outros países coas inversións que realizou Galicia para que fixasen emprego aquí.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × cuatro =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.