O Concello de Oleiros vai denunciar o Sergas por negarse a recoller as xiringas nos ambulatorios

A Xunta de Galicia decidiu de forma unilateral, e sen comunicación oficial de ningún tipo, deixar de recoller nos centros de saúde as xiringas que utilizan as persoas que teñen que tratarse nos seus domicilios. Tal e como contempla a lei, os concellos só teñen competencias no tratamento dos residuos urbanos e non poden recoller este tipo de elementos. Leer más

OFICINA DEREITOS SOCIAIS – COIA. O “cheque social” do alcalde Caballero, imposible de cobrar

Hai uns días o Concello de Vigo anunciaba, outro ano máis, a apertura do prazo de solicitudes do “Programa municipal de axudas extraordinarias a familias para gastos de aloxamento, subministros e alimentación – 2019”. O popularmente coñecido como “cheque social” está dotado cun orzamento de 1.640.000 € e até o 8 de maio poden presentarse as solicitudes.
Segundo podemos ler nas bases con esta convocatoria de axudas o Concello de Vigo procura complementar as “Axudas de Emerxencia Municipais” poñendo a ”disposición das persoas e familias necesitadas uns recursos económicos que lles permitisen facer fronte, alúmenos parcialmente, ós gastos derivados do uso da vivenda habitual, da compra de alimentos e dos subministros básicos do fogar, procurando evitar os desafiuzamentos derivados da falta de pagamento do aluguer ou do crédito hipotecario, as carencias básicas de alimentación e as situacións de «pobreza enerxética», que mesmo poderían imposibilitar o normal uso e goce da vivenda”.
Alén deste parágrafo, non máis que unha declaración baleira, a realidade é que esta convocatoria é un exemplo máis de “políticas miserentas”. Así nomeamos unha convocatoria na que atopamos requisitos tan duros coma estes tres:
1) Axudas en réxime de concorrencia, é dicir, cantas máis persoas soliciten menos cartos a repartir. Cartos que para as “agraciadas” chegarán moitos meses despois de teren presentada a solicitude. Medidas coma estas lonxe de garantir dereitos enlean aínda no labirinto da miseria a aquelas que sobreviven sen uns mínimos.
2) Esixencia de 3 anos de antigüidade no padrón municipal para poder acceder a estas axudas. Temos veciñas que levan anos na cidade, mais ao non cumpriren este requisito fican fóra desta convocatoria.
3) Os baremos son insultantemente baixos. Só entran persoas que estean a vivir na miseria máis absoluta, desprezando as situacións dunha chea de fogares que malviven con ingresos por baixo do limiar da pobreza. Alén disto os gastos que se poden deducir polo pagamento de vivenda son irrisorios para situación presente dos prezos dos alugueiros en Vigo (Unha persoa pode deducir 225€, dúas: 325€, tres: 350€, catro: 400€…)
Mais as faragullas do “cheque social” non farán desaparecer o colapso do servizos sociais municipais. Semanas atrás coñecíamos que Vigo era a cidade de Galiza cos maiores tempos de atraso na tramitación da RISGA. 157 días de agarda en Vigo, fronte aos 85 de A Coruña ou os 22 de Pontevedra. Incumprimento do ratio de traballadoras sociais por habitante unidos pola deriva privatizadora das políticas sociais provocan este desastre.
O temos dito en anteriores convocatorias, mais lonxe de recuar este goberno segue a agasallar coa maior parte do orzamento municipal en políticas sociais a Florentino Pérez. El é o gran beneficiado dos “cheques” que o Concello outórgalle a CLECE, unha das empresas coas que o presidente do Real Madrid enche os petos grazas a xestión de programas municipais como: Axuda no Fogar, Servizo de Intervención Familiar, parte de CEDRO…
Fronte a estas políticas miserentas seguimos organizadas para esixir Renda Básica das iguais e moito máis. Vivir dignamente é un dereito para todas!

El PP pide a la Junta Electoral que prohíba al alcalde de Oleiros acudir a entrevistas de Radio Voz, Cope, Onda Cero y Radio Coruña pagadas por el Concello

Una nueva denuncia a la Junta Electoral; a Ángel García Seoane se le acumulan. El Concello de Oleiros gasta 2.568,89 € al mes por la emisión de entrevistas semanales a su Alcalde en Radio Voz, Onda Cero, Radio Coruña y Cadena Cope, en las que presume de sus logros, crítica a otros partidos, publicita sus ideas y opiniones, en definitiva “usa los programas pagados con fondos públicos para su propio beneficio y el de su partido, lo que es inadmisible en periodo electoral” declara José Bonome, candidato del PP a las próximas elecciones municipales. Leer más

1 2 3 77