A candidata do PP á alcaldía de Monforte suma á súa candidatura a tres coñecidos profesionais

A candidata do Partido Popular á alcaldía de Monforte, Katherinie Varela, vén de anunciar a incorporación de tres coñecidos profesionais: Manuel Rodríguez Martínez, Roberto Eireos e Iván Vázquez –concelleiro na actualidade- á lista popular ás eleccións municipais do vindeiro 26 de maio.

A alcaldable do PP sinala que “se trata de tres persoas da miña confianza, comprometidas co Partido Popular e que me acompañarán no noso proxecto para Monforte de Lemos”. Así mesmo, engade que “son persoas con ganas de traballar na procura do mellor, tanto para o Partido, como para o noso municipio”. Polo tanto, “síntome agradecida de contar con estes tres profesionais para afrontar o reto de recuperar a alcaldía”, xa que “compartimos os mesmos obxectivos”.

Así mesmo, a candidata asegurou que “nos vindeiros días daremos a coñecer a candidatura completa da lista popular”.

Traballo a prol de Monforte

A avogada traballa xa coas incorporacións á lista “centrados en presentar aos monfortinos un proxecto de futuro para a nosa cidade

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cuatro × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.