A Coordinadora Estatal en Defensa polo Sistema Público de Pensións convoca unha xornada de loita

O Movemento pola Defensa das Pensións Públicas MODEPEN secundamos este chamamento.
Este 13 de abril, desde a Coordinadora Estatal e o Movemento pola defensa das pensións,  MODEPEN, temos convocada unha Móvilizacion, á que chamamos á participación de  tod@s os/as cidadás/áns e en especial aos movementos sociais, sindicatos e partidos que o consideren.
As nosas mobilizacións están relacionadas polo xeral coas pensións si, pero non tanto coas nosas pensións, senón, coas da xeracións vindeiras, xa que nos preocupa sobre todo o Sistema Público de Pensións a medio e longo prazo.
Entendemos que a situación xeral, vai moito máis alá das pensións, pois é claramente visible, a degradación e perda de dereitos e liberdades en todos os aspectos, que a sociedade en xeral está sufrindo no noso país.
Por iso facemos un chamamento a tod@s, para reverter esta degradación dos nosos dereitos e liberdades que sufrimos especialmente desde os últimos dez anos.
Salgamos á rúa, contra os ataques ás pensións, os recortes en sanidade, educación e dependencia, contra a violencia de xénero, contra a corrupción que impregna as Institucións, contra a politización da xustiza e a judialización da política, contra as sentenzas machistas e  tendenciosas, contra este sistema económico que nos escraviza, contra o pago da débeda inxusta, contra ese fascismo que percorre Europa e entrou nas nosas Institucións o pasado día 02 de decembro.
Sabemos que con esta concentración pechamos un ciclo xa que ata pasadas as eleccións non sería posible convocar algo similar, é por iso que cremos moi importante o que fósemos capaces que o día 13 de Abril puidésemos confluír todos os movementos sociais activos na concentración convocada. Pensamos que os cambios que necesitamos é tarefa de  tod@s.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

trece + 8 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.