A Delegación Territorial da Xunta acolle a presentación da Semana Santa de Mondoñedo, declarada de interese turístico galego

Os organizadores destacaron a longa tradición, que se remonta século XVI, o recollemento con que se vive e a beleza que engade a contorna pola que descorren as procesións

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación do programa da Semana Santa de Mondoñedo, declarada de interese turístico galego e que comezarán mañá coa procesión da Virxe das Dores a partir das 22.00 horas.

No acto participaron o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro; a alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia; o  representante da Venerable Orde Terceira de San Francisco, Valentín Insua, e a xefa territorial de Cultura e Turismo, María José Gómez.

Entre os grandes atractivos desta Semana Santa destacaron a longa tradición, que se remonta ao século XVI, o recollemento co que a viven os veciños e veciñas, a beleza das imaxes -moitas delas dos séculos XVII e XVIII-, e a contorna, xa que teñen como marco a Catedral mindoniense, monumento patrimonio da humanidade, e o casco histórico   -declarado BIC-; o via crucis que parte da igrexa dos Remedios e chega ata o Mosteiro dos Picos  atravesa algúns dos paraxes máis singulares da cidade.

Ademais, entre as celebracións do Venres Santo cabe citar a Procesión da Soedade que parte da Catedral ás 21:00 horas, na que se pode escoitar o Plorans do Mestre Pacheco, que so se pode executar en Mondoñedo e na Capela Real de Madrid.

A programación conta con sete procesións e dous via crucis, actos nos que participan activamente arredor de 250 persoas. Está organizada pola Venerable Orde Terceira de San Francisco. No caso de que a choiva impida a saída das procesións, estas celébranse no interior da Catedral.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

19 + 18 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.