ACE-EU critica “as presas electoralistas” do Goberno local na concesión de subvencións nominativas

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida considera que a aprobación con carácter extraordinario das subvencións nominativas pola Xunta de Goberno Local responde a unha estratexia electoralista do goberno

Estas subvencións nominativas veñen sen a obligatoria Memoria na que se promenoricen as circunstancias específicas que motivan a concesión de cada subvención, de xeito que se acredite suficientemente a imposibilidade de aplicar a concorrencia competitiva. “Non era necesario aprobar as subvencións de concesión directa en plena campaña electoral, non hai motivación que xustifique a urxencia. Debido a estas presas renúncianse aos mecanismos de transparencia e fiscalización, como por exemplo comprobar a súa adecuación ao Plan Estratéxico de Subvencións antes de ter sido concedidas”, salientou Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

ACE-EU considera unha falta de respeto pola función pública que os informes das distintas áreas de goberno para explicar a necesidade de conceder xa estas subvencións sexan todos un corta e pega de medio folio con argumentos xenéricos repetidos case ao pe da letras polos distintos concelleiros e concelleiras. Ademais, este grupo municipal ve un motivo de preocupación a subveción concedida ao Club Prone Lugo, pola mesma contía que ao C.D. Lugo e o CB. Breogán, por un total de 82.500 euros, o ano que baixou de categoría por impago dos arbitraxes. “Este feito pon en dúbida os criterios municipais de concesión de subvencións e extende innecesariamente sospeitas de clientelismo sobre entidades sen ánimo de lucro que están a desenvolver unha labor encomiable no municipio, moitas veces sustituíndo o papel que debería cumprir a administración pública”, sinala Portomeñe. “Como indica o propio interventor no seu informe, cómpre lembrar que a finalidade da subvención concedida non debe ser a participación sen máis nun campionato, senón que debe contemplarse mediante o prisma das obrigas do beneficiario”, rematou o concelleiro.

Un comentario

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

2 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.