ACE-EU urxe que se regularicen as licenzas dos pavillóns anexos ao Pazo dos Deportes para poder mellorar as súas instalacións

O grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas- Esquerda Unida vén de examinar o expediente de licenzas dos pavillóns anexos ao Pazo Provincial dos Deportes para estudar a posibilidade de mellorar as súas instalacións, e de constatar que non consta licenza algunha correspondente ás naves anexas, que levan dende a súa inauguración hai máis de vinte anos sen dispoñer de zona de aseos e vestiarios

ACE-EU reclama que se abra coa maior urxencia posible un expediente de legalización para que se poida proceder á reforma dos pavillóns e incluír así as dotacións necesarias para os centos de rapaces e rapazas usuarias, e que as súas propias familias levan tempo reclamando.

Este grupo municipal preguntará na vindeira Comisión pola situación urbanística destes edificios e polo xeito máis áxil de regularizala. “Tras varias décadas en funcionamento, e con varios centos de rapazas e rapaces usándoo diariamente, é inexplicable que ningunha das administracións competentes, nin os diferentes cargos políticos que foron responsables do Pazo, tanto do PP como do PSOE e do BNG; non se preocupasen pola idoneidade destas instalacións”, sinala Carlos Portomeñe, voceiro de ACE-EU.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

cinco × tres =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.