Alternativa dos Veciños impulsará o Plan Lubre

Dentro das propostas de Alternativa dos Veciños para desenvolver no municipio de Bergondo durante a vindeira lexislatura destaca o denominado como Plan Lubre. Trátase dun conxunto de medidas dirixidas a corrixir o déficit de investimento público que arrastra esta parroquia desde hai moitos anos, por iso Alternativa pretende que o Concello realice unha certa discriminación positiva en Lubre.

Inicialmente é necesario acelerar, todo o que permitan os ritmos administrativos, a tramitación e aprobación do “Plan especial de infraestruturas do Río Maior”. Urxe licitar, contratar e executar o proxecto de instalación dun colector xeral de saneamento e a construción do paseo fluvial do Río Maior, duns 3 km. Estas obras teñen un custo total de 800.000 euros.

Tamén hai que executar, coa máxima axilidade, as acometidas das vivendas de Lubre aos colectores de saneamento xa en servizo. E, posteriormente, sería imprescindible realizar unha fortísima inversión en aglomerado de camiños en toda a parroquia, dada a grande extensión desta parroquia.

A día de hoxe esta parroquia carece do servizo de saneamento. Froito das políticas erradas de décadas pasadas optouse por construír unha rede secundaria sen ter habilitado o colector principal, imprescindible para evacuar os residuos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 × 1 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.