Capacidade e realidade. Por @PiDocampo Secretario Xeral de Compromiso por Galicia

Un dos mensaxes políticos máis usados na eleccións municipais, por todos nisto con consenso, é que son as máis bonitas por ser as máis próximas á cidadanía e ós problemas da xente. É certo que son a administración do trato directo, os concellos teñen esa función. Porén, os parlamentarios galegos xa son unha especie máis difícil de observar polo común dos galegos, pero aínda así soen ter unha axenda de traballo próxima á Galicia e ó territorio. Outra cousa son os Senadores e Congresistas galegos, parece que Madrid absorbe toda a súa capacidade, mais non tiña porque ser dese xeito, na cultura anglosaxoa dan cumprida xestión nos seus territorios.

Son así en Galicia, mais non son o mesmo os vascos, que traballan arreo no seu territorio e están en Madrid o xusto e necesario. Esta foi unha boa lexislatura para o avance de Euskadi, indiscutible, como seguro será a próxima. Obter  transferencias e xestión é o seu cometido, ir de compras a Chueca é secundario e por suposto non van a reclamar o tren a Burgos como si fixo En Marea.

Mais o PNV ten unha realidade, unha capacidade, que é poder sentarse co arco parlamentar de dereita a esquerda co gallo de conseguir as metas do seu programa electoral. Ata o de agora ningunha forza con deputados galegos, BNG o En Marea tivo capacidade de negociación con gobernos de dereita, os dogmas e posicionamentos de máximos non llo permiten, son vítimas de ter que facer política cara dentro das súas organizacións e do permanente estigma da reflexión interna. Os problemas da xente están na rúa e no día a día.

Cómpre traballar cara a sociedade, cómpre dar resposta a moitos problemas de Galicia, que teñen a súa solución por degraza nas Cortes Xerais. É preciso ter representación no Senado, para facer del unha cámara territorial. Por iso non son quen nin o BNG nin En Marea, porque so un panorama de forza de esquerda é positivo para eles, para poder negociar sen tensións.

O pragmatismo e a forma de facer do PNV, xa está en Galicia, é Compromiso por Galicia somos socios en Europa e amigos en España, traballamos cóbado con cóbado e levamos iniciativas conxuntas, pero é tempo de que Galicia Pinte No Estado sen mochilas, sen ataduras nin teimas.

 

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

18 + 11 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.