CCOO. O persoal do servizo de atención a domicilio (SAD) de Vedra inicia mobilizacións

O persoal do servizo de atención a domicilio (SAD) de Vedra, tras asamblea de traballadores celebrada na noite de onte, decide iniciar mobilizacións contra os graves incumprimentos do convenio e mingua das súas condicións laborais.

As traballadoras do SAD de Vedra levan varios meses esixíndolle á empresa (Atendo) o cumprimento do convenio, pero a concesionaria facía caso omiso, o que para CCOO significaba un enriquecemento ilícito á custa do persoal.

Este comportamento provocou que tanto a delegada de persoal como unha afiliada de CCOO mantivesen unha xuntanza co alcalde de Vedra para regular dita situación, tras a cal, Atendo empezou a:

·         Proporcionar e facer formación que é de obrigado cumprimento segundo o convenio.

·         Entrega de roupa de traballo, uniformidade e calzado

·         Facer os recoñecementos médicos.

·         Actualización de todo os conceptos salariais conforme a suba IPC, como recolle o convenio.

Porén, CCOO seguía debatendo e negociando coa empresa a confección de nóminas do persoal, ao entender o sindicato que había diferenzas.

Durante un proceso de negociación, que as partes consideraban de boa fe, a empresa comunica o despedimento disciplinario dunha afiliada de CCOO, recoñecendo a improcedencia.

Ante este contexto, o persoal, por unanimidade, acordou iniciar mobilizacións para esixir a readmisión desta traballadora e esixir o cumprimento íntegro do convenio. Paralelamente, CCOO iniciará as accións que correspondan perante as Administracións competentes.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

4 + veinte =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.