Ciclo de conferencias sobre expedicións galegas polo Pacífico, América e Asia na Tribuna Pública

Tribuna Pública acolle esta semana un ciclo de conferencias sobre expedicións galegas polo polo Pacífico, América e Asia

Mañá mércores 10 de abril, ás 20.30 h. terá lugar a conferencia titulada “A Sima e a Cima: Isabel Zendal Gómez, na Expedición Filantrópica da Vacina”, a cargo do xornalista e historiador Antonio López Mariño.

Sinopse da conferencia:

Isabel Zendal Gómez foi a única muller que participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina. Como enfermeira da REFV, emprende en 1803 unha viaxe transcontinental  de catro anos, unha acción que a acredita como a primeira enfermeira da Historia en  misión internacional de saúde pública. Coidaba do único elo imprescindible da Expedición: os expósitos, entre 2 e 9 años, que -mediante transvases de brazo a brazo- levaron, até América a Asia, a primeira vacina que coñeceu a Humanidade, o antídoto contra a variola.

Unha vida extraordinaria, dende a sima dunha orixe moi marxinal até as máis altas cimas do descoñecemento cidadán.

Sobre o conferenciante:

Antonio Alfredo López Mariño. Veciño da Coruña

Xornalista. Dende 2011,  a área de traballo é a investigación histórica.

* Entre 1971 e 1986, traballa en prensa escrita: El Ideal Gallego, Teima -semanario, en gallego- e Faro de Vigo.

Entre 1986 y 1997, é profesor de Español: Dublin City University-Irlanda y École Supérieure de Commerce-Reims, Francia.

De 1999 a 2011 traballa como reporteiro e documentalista en TVG

* Premio Prisma, de divulgación científica, por “La Rectora Isabel, al descubierto”; Casa de las Ciencias, A Coruña, 2014. Premio de Periodismo Xosé Aurelio Carracedo, por “La madre de todas las vacunas”; Diputación de Ourense, 2015.

* Autor de “Isabel Zendal Gómez, nos Arquivos de Galicia”; Parlamento de Galicia, 2018.

Xoves 11 de abril, ás 20.30 h. será o turno da arquitecta e investigadora Ruth Varela co relatorio “Flor de Santiago”.

Sinopse da conferencia:

Xunto ás marabillas que chegaban de América, primeiro ao porto de Sevilla, no século XVI, e despois aos portos de Cádiz, Coruña e Santander, no século XVIII, viaxaba unha flor, a Flor de Santiago, a atzcalxóchitl azteca. Unha flor escarlata en forma de cruz, enfeitizante e misteriosa, mítica e fascinante, que pola súa historia e significado simbólico está chamada hoxe a converterse nunha referencia de excepcional valor para a proxección cultural de Galicia.

Considerada unha das flores de maior beleza e de maior pregnancia simbólica do reino das plantas, a Flor de Santiago recibía como primeiro nome botánico europeo o de Narcissus Indicus Jacobeus, en alusión ao emblema que portaban os cabaleiros da Orde de Santiago que protexía aos peregrinos. Flor que, séculos máis tarde, recibía o nome científico de Amaryllis formosissima, por inspiración do que foi considerado o verso clásico máis melodioso de todas as literaturas.

Flor sagrada para os aztecas, flor de esplendor vermello baixo o prisma do humanismo erasmista, flor celebrada polos científicos, flor cantada polos poetas; tesouro botánico chegado dun reino das Indias Occidentais que fora bautizado polo frade franciscano Frei Martín da Coruña e por Juana I como Reino de la Nueva Galicia.

Venres 12 de abril, ás 20.30 h. O ciclo de expedicións rematará o venres coa conferencia que leva por título “O misterio do metrosideros da Coruña”, e que impartirá o historiador Xosé Alfeirán.

Sinopse da conferencia:

No patio do cuartel da policía local da Coruña, situado na zona de Orillamar, existe unha singular árbore. Trátase dun metrosideros excelsa, unha árbore perennifolia endémica de Nova Zelandia, onde recibe o nome maorí de pohutukawa. Polo seu gran tamaño (20,40 metros de altura e 7,60  de diámetro) considerase unha árbore centenaria, singular e está protexida. Dous misterios o rodean: que idade ten? e quen a trouxo aquí? As respostas son irresolubles. E todas elas están relacionadas coas viaxes polo Pacífico e a arribada a Nova Zelandia, pero tamén cos usos do solar no que está plantado. Repasaremos esas hipóteses, unhas máis probables que outras: posibles exploradores españois no século XVI, Tasman en 1642, Cook en 1769, Malaspina en 1793 o comerciantes de árbores e flores franceses e ingleses de comezos do século XIX.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

doce − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.