@depulugo. Resoltos 39 postos de traballo do plan laboral Tecendo Emprego da Deputación

As persoas seleccionadas formalizarán o seu contrato nos colectivos sociais beneficiarios a vindeira semana, e comezarán a traballar de forma inmediata, reforzando, deste xeito, a labor que desempeñan estas asociacións na provincia de Lugo.

Do total dos 56 perfís profesionais ofertados, 17 quedaron vacantes. Estes postos convocaranse de novo, ampliando o número de titulacións naqueles casos nos que se requiría un único título específico, manténdose as mesmas condicións e bases

A partir do 22 de abril e ata o 6 de maio (10 días hábiles), as persoas interesadas en inscribirse nalgún destes postos de traballo, poderán facelo a través da Axencia de Colocación da Deputación, de maneira presencial ou ben a través do portal da Axencia

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

6 + diecisiete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.