Desconvocada a folga de atención primaria

CCOO, CIG, UGT, CEMS-O’MEGA e CSIF, sindicatos convocatntes da folga de atención primaria para os días 9, 10 de 11 de abril, decidiron hoxe DESCONVOCAR a dita folga.

Tras as reunións mantidas hoxe coa Consellaría de Sanidade, chegouse ao acordo de negociar todas as reivindicacións en dúas mesas que se constituirán para o efecto. Unha, de carácter laboral (mesa sectorial), na que se tratarán todas as cuestións relacionadas coas condicións de traballo. A outra, de carácter organizativo e asistencial, onde se creará o Consello Técnico de Atención Primaria (que terá carácter permanente).

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

1 × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.