En Marea propón medidas para impedir a deslocalización de empresas de telemárketing

Luís Villares considera que é “inaceptable” que a empresa Unitono manteña sen información á súa plantilla de Ourense cando parece evidente a súa “decisión de deslocalizar a empresa e deixar sen ocupacións aos traballadores”. O voceiro de En Marea mantivo unha reunión co comité de empresa e sumouse ao paro realizado pola plantilla, un paro no que tamén participaron o deputado Davide Rodríguez, o candidato ao Congreso, Iván Olmos, e  Etelvino Blanco, de Ourense Mellor.
Villares sinalou nas declaracións trala reunión co comite, que a empresa “non estaba explicando aos traballadores a súa situación”, pero tamén reclamou das institucións “unha actitude máis decidida na defensa dos traballadores do sector”. O voceiro de En Marea sinalou que é necesaria “unha estratexia galega no sector do telemárketing para impedir que empresas como Unitono ou Bosch estean pechando os seus centros de traballo en Galicia cando contamos coas mellores teleoperadoras de Europa”. Villares apuntou que non “existen argumentos laborais para deixar a esta plantilla sen traballo a decisión das empresas non teñen nada que ver co rendemento nen co valor do traballo realizado”.
Tamén reclamou Villares en Ourense unha “modificación da lexislación estatal para dificulta ou impedir a deslocalización empresarial”. Segundo o voceiro non se pode “permitir que empresas que están traballando en Galicia, dentro do espazo europeo e co mercado no ámbito europeo, pechen en Galicia e trasladen os seus centros fóra do espazo europeo quedando co nicho de mercado”. Engadiu Villares que as empresas que pretendan “manter o nicho de mercado europeo traballando desde fóra dese espazo deben ser penalizadas cun arancel de carácter social para contrarrestar que obteñan beneficios en Europa mentres causan desemprego e prexudican á economía da que viven”.
Considera Luís Villares que a Xunta de Galicia debe escoitar ás traballadoras de Unitono e por este motivo levará ao Parlamento de Galicia as iniciativas necesarias para que esta plantilla sexa escoitada e para promover nos distintos espazos institucionais, tanto en Santiago como en Madrid, unha lexislación que dificulte a deslocalización de empresas que operan no mercado europeo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

9 + 7 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.