En Marea traslada ao Parlamento a defensa de condicións de traballos dignas para o persoal de GRI Towers Galicia

A iniciativa de Paula Quinteiro demándalle á Xunta un papel activo de mediación entre a empresa a representación dos traballadores

“Defender o conxunto dos postos de traballo da empresa GRI Towes Galicia, así como exercer un papel activo de mediación entre a representación dos traballadores e a patronal da empresa para que se melloren as condicións laborais dos traballadores e se cumpra co acordado nas mesas de negociación”. É a primeira das demandas dunha proposición non de lei que vén de rexistrar En Marea no Parlamento de Galicia en relación ao conflito polo que atravesa o persoal da empresa GRI Towers Galicia, situada no Carballiño.

A maiores, Paula Quinteiro demanda do Executivo galego unha posición de diálogo coa empresa co fin de esclarecer os motivos da externalización de producción propia a outras factorías, así como solicitarlle a paralización destas prácticas. “Os incumprimentos dos acordos acadados na mesa de negociación son reiterados”, sinala a parlamentaria de En Marea, que engade que “os traballadores atopan moitas dificultades para que se garantan estes acordos en cuestións que deberían ser de obrigado cumprimento como o son a xornada laboral, a carga de traballo ou as retribucións salariais”.

“A vulneración dos dereitos dos traballadores e traballadoras debe ser solventada e para iso é necesario o apoio da Xunta de Galicia, que non pode permanecer impasible ante esta problemática”, engade Quinteiro, que xa trasladou o apoio do grupo parlamentario ás mobilizacións convocadas polos traballadores da empresa de fabricación de compoñentes eólicos con sede no Carballiño.

No mesmo senso, a Alternativa Veciñal do Carballiño tamén solicitará convocar un pleno extraordinario no concello do Carballiño para debater e aprobar no mesmo unha moción solicitando o apoio de toda a corporación municipal aos traballadores de GRI Towers Galicia e as súas reivindicacións.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

diecinueve − siete =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.