Galicia é a Comunidade Autónoma coa menor débeda comercial, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio

O último informe da Secretaría de Estado de Facenda, sobre o mes de febreiro, sitúa tamén a Galicia como a 3ª comunidade que paga antes as súas facturas

O último informe sobre ‘Prazos de pago a provedores e débeda comercial das Comunidades Autónomas’, publicado hoxe polo Ministerio de Facenda con datos referentes ao mes de febreiro, sitúa a Galicia como a comunidade autónoma con menor débeda comercial de España e a terceira comunidade que paga en menor tempo as súas facturas.

Sobre a débeda comercial, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no mes de febreiro no 0,09%, a máis baixa de toda España e inferior á media autonómica, que foi do 0,33%. Ao peche do mes de febreiro a débeda comercial do conxunto das comunidades autónomas era de 4.111 millóns de euros, dos que 61 millóns –o 1,48% do total- corresponden a Galicia.

En canto ao pagamento de facturas, os datos do informe elaborado pola Secretaría de Estado de Facenda sitúan a Galicia como a terceira comunidade que paga con máis axilidade as súas facturas, xa que acadou no mes de febreiro un período medio de pago de 23,1 días, o terceiro máis baixo de toda España, por detrás do País Vasco e de Asturias.

Deste xeito, os datos oficiais da Administración do Estado mostran que o período medio de pago de Galicia mantívose case sete días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. Ademais, a media autonómica situouse en 35,3 días, 12,2 máis que a media rexistrada na Comunidade galega.

O Ministerio de Facenda emprega desde abril de 2018 unha nova metodoloxía de cálculo do período medio de pago a provedores, que se aplica a todas as autonomías.

Período Medio de Pago – Febreiro 2019 (*CCAA réxime foral)
País Vasco*
20,4
Murcia
35,9
Asturias
21,9
Canarias
36,2
Galicia
23,1
Cataluña
38,6
Andalucía
23,3
Estremadura
41,2
Navarra*
23,4
Castela-A Mancha
42,7
Madrid
24,9
A Rioxa
43,3
Castela e León
27,6
C. Valenciana
47,0
Aragón
31,4
Baleares
49,5
TOTAL CCAA
35,3
Cantabria
92,5

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

15 + dieciocho =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.