O Concello de Oleiros pon en marcha un obradoiro para facilitar o acceso laboral a mulleres desempregadas

O xoves 25 de abril iníciase o Programa Volvoreta 2019, un conxunto de obradoiros dinámicos, participativos e vivenciais dirixidos a todas as mulleres que se atopen en procura de emprego. O primeiro deles será un obradoiro que se organiza en colaboración coa Asociación Daleth dirixido a descubrir as capacidades e potencialidades para o emprego das mulleres participantes.

Este programa está composto de 15 sesións que se desenvolverán os martes e xoves en horario de 10:00 a 13:00 horas nas aulas do Centro Municipal de Formación. O obxectivo é mellorar  as posibilidades de acceso ao mundo laboral das mulleres a través dunha metodoloxía na que explorarán todo o seu potencial, á vez que adquirirán ferramentas para acceder ao emprego, ben a través dunha empresa ou do emprendemento.

O autocoñecemento, a confianza, a mellora da autoestima e eliminar as crenzas limitantes, a través de técnicas de coaching e de educación emocional, serán parte do contido das sesións. Tamén o manexo das situación de estrés, a creación de hábitos positivos, así como a mellora da linguaxe e da capacidade de comunicación serán obxectivos nas distintas sesións

As persoas interesadas en participar deberán presentar a súa solicitude no Rexistro do Concello de Oleiros a partir deste próximo luns 15 de abril. Hai un límite de 15 prazas e adxudicaranse por orde de inscrición sempre e cando cumpran cos requisitos de mulleres, veciñas de Oleiros e atoparse nun proceso de procura activa de emprego. Poden atopar a solicitude na web municipal, no Centro Municipal de Formación ou nas dependencias de Servizos Sociais. Para máis información poden contactar co teléfono de atención ao veciño do Concello de Oleiros no 981 610 000.

Esta é unha actividade máis na oferta integral que se fai desde A Porta Violeta, o programa de actividades para mulleres do Concello de Oleiros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

3 × uno =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.