O director xeral de Minas, imputado por presunta prevaricación coa Mina de San Finx

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, esixiulle hoxe ao goberno galego que “ofreza as máximas garantías” nas explotacións mineiras de Galicia. Vilán amosou a súa preocupación logo da imputación por un presunto delito de prevaricación relacionado coa autorización para a reapertura da Mina de San Finx, en Lousame

A parlamentaria socialista transmitiu o seu “máximo respecto polos procedementos e as garantías xudiciais”, pero reclamoulle á Xunta que tome medidas para garantir a seguridade “non só medioambiental, senón tamén de cara á saúde pública” polo elevado risco que teñen este tipo de explotacións.

Sinalou que as imputacións que se lle fan ao goberno galego teñen que ver coa falla do informe medioambiental na autorización para a reapertura da explotación, pero tamén cunha suposta falla de control de vertidos, polo estado das balsas mineiras e con metais pesados perigosos para a saúde. Lembrou que os socialistas alertaron xa a comezos de 2017 dun vertido detectado a comezos de ano no rego de San Fins.

Engadiu ademais que “este tipo de situacións”, como é a imputación do Director Xeral de Minas do goberno galego, “resultan ademais o principal inimigo da minaría de Galicia”, e evidencian a necesidade inescusable de que o goberno galego cumpra coa súa función e garanta que as explotacións respecten escrupulosamente tódolos requisitos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

tres × 4 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.