O Goberno galego impulsa o emprego local cunha achega de 32 millóns de euros que permitirá aos concellos contratar a máis de 2.000 desempregados

Feijóo destacou que a Xunta destina 24,5 millóns de euros entre 2019 e 2020 para a posta en marcha dun total de 80 obradoiros de emprego

O titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe na rolda de prensa do Consello unha achega de 32 millóns de euros que permitirá aos concellos contratar a máis de 2.000 desempregados. “Aprobamos dúas iniciativas que impulsarán o emprego local”, dixo, referíndose á nova convocatoria das axudas para os obradoiros de emprego e á resolución do programa para a contratación de persoas preceptoras da Risga.

En relación aos obradoiros de emprego, Feijóo precisou que as próximas convocatorias destas axudas –nas que terán preferencia os Concellos Emprendedores- suporán destinar 24,5 millóns de euros entre 2019 e 2020 para poñer en marcha 80 obradoiros de emprego.

A través deles, máis de 1.500 desempregados recibirán formación e accederán a un posto de traballo para o desenvolvemento de tarefas que supoñan un servizo en beneficio da comunidade. E, deses 24,5 millóns: 3,5 millóns destinaranse a obradoiros específicos para menores de 30 anos, e 21 millóns irán destinados a obradoiros duais, para beneficiar a 1.200 desempregados.

En relación aos obradoiros duais, o presidente da Xunta lembrou que, ademais dun contrato de formación e aprendizaxe de 9 meses, esta modalidade inclúe a posibilidade de que os desempregados poidan optar tres meses máis a xornada completa, como mínimo, a un contrato laboral nunha empresa do ámbito territorial no que se desenvolva o obradoiro e na mesma especialidade na que se cualificaron. Deste xeito, a Xunta incentivará, para aqueles concellos que o soliciten, a contratación nas empresas.

Ao igual que na edición pasada, primaranse os obradoiros do eido forestal e os específicos para mellorar o Camiño de Santiago. Ao respecto dos forestais, cómpre subliñar que esta modalidade dará acceso a certificados de profesionalidade nas especialidades de aproveitamento madereiro, conservación e mellora do monte, silvicultura, etcétera.

Ademais, deses 5 millóns, arredor de 1 millón destinarase a obradoiros promovidos por entidades sen ánimo de lucro do eido forestal. Así, estas entidades xunto cos concellos, asociacións de concellos e mancomunidades poderán ser promotoras destes obradoiros.

Por outra banda, e para os obradoiros do Camiño de Santiago, investiranse 3 millóns de euros na realización de tarefas destinadas á conservación, reforma e posta en valor das rutas de peregrinación.

O presidente da Xunta precisou que en todos os obradoiros duais terán preferencia os desempregados con especiais dificultades de inserción no mercado de traballo tales como: emigrantes retornados, mulleres, parados de longa duración, maiores de 45, persoas que xa non conten con prestacións e subsidios por desemprego, persoas con capacidades diferentes e aqueles que carezan de títulos universitarios ou de FP de grao superior. “E, como novidade, este ano incluímos como colectivo preferente tamén ás persoas beneficiarias do tramo de inserción da Risga”, engadiu.

Ademais, Feijóo subliño que se invisten 3,5 millóns de euros para obradoiros destinados a mozos e mozas menores de 30 anos.

Por último, e relación á resolución da convocatoria de axudas para perceptores da Risga, o titular da Xunta destacou un investimento este ano de 7,6 millóns de euros –un 3,6% máis que en 2018-, co obxectivo de contratar a 670 parados en 194 localidades.

A novidade máis importante será que a duración do contrato ampliarase de 7 a 9 meses. E a axuda media concedida por traballador aumentará un 35,4%, e o salario medio está en torno a 11.467 euros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

17 + 5 =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.