O operador Orange reafirma o seu compromiso con Galicia no impulso das redes 5G

A compañía, unha das asinantes do Nodo 5G, comprométese a desenvolver casos de uso en ámbitos como a Industria 4.0, Educación, Turismo e Sanidade

A directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, clausurou hoxe na Cidade da Cultura a presentación do Informe Impacto de 20 anos de liberalización das telecomunicacións en España 1998-2018. 20 aniversario de Orange. Impacto en Galicia, no que a compañía confirmou a súa aposta por Galicia na extensión das novas redes 5G.

Pereira destacou que a Xunta leva case dez anos avanzando nunha estratexia dixital que busca, tamén, atraer investimento á Comunidade e promover alianzas que faciliten ás empresas galegas a internacionalización e apertura a novos mercados. Sinalou, ademais, que desde a Administración autonómica apóstase pola competividade como elemento catalizador de máis e mellores servizos para os galegos, independentemente de onde vivan.

Nodo 5G

Orange é un dos tres asinantes do Nodo de Cooperación 5G que se puxo en marcha o pasado mes de novembro para desenvolver a lo menos 6 probas de concepto de aplicación das tecnoloxías 5G. Dentro deste compromiso o operador desenvolverá casos de uso desta tecnoloxía en ámbitos como a Industria 4.0, a Educación o Turismo e a Sanidade.

O Nodo é unha das medidas do Plan Galicia 5G para posicionar á Comunidade como territorio preferente na extensión destas redes. Neste sentido, Mar Pereira destacou que esta é a tecnoloxía sen fíos do futuro que permitirá as mesmas prestacións que a fibra e, polo tanto, é unha tecnoloxía clave para mellorar a conectividade nun territorio con especiais dificultades orográficas como o galego.

Captación de talento

Mar Pereira sinalou que para avanzar neste ámbito precísase tamén de capital humano capacitado. Por iso a Amtega en colaboración cos operadores e a Universidade de Vigo porase en marcha o vindeiro mes de setembro o primeiro Curso de Especialista Universitario en 5G.

A directora da Amtega apuntou que esta colaboración non se reduce unicamente ao 5G xa que a especialización dos profesionais do sector TIC e o fomento das vocacións tecnolóxicas son un reto para todos os axentes do sector, as administracións e as institucións educativas. O Plan DigiTalent, asentado nesta premisa e coa cooperación do sector, busca ofrecer orientación e formación en TIC para todo o ciclo vital da persoa, desde o espertar da vocación profesional a este ámbito, pasando pola especialización, a reciclaxe ata a formación específica para persoal directivo.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ocho − dos =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.