O PP pon en valor que a Ribeira Sacra sexa a 1ª zona vitivinícola de España que opta a ser declarada Patrimonio da Humanidade

O Partido Popular puxo en valor este mércores en Sober que a Ribeira Sacra sexa a primeira zona vitivinícola de España que opta á declaración de Patrimonio da Humanidade, cos conseguintes beneficios que esta distinción leva aparelladas dende o punto de vista económico, cultural e turístico. Así o puxeron de relevo os conselleiros de Cultura e de Economía, Emprego e Industria, Román Rodríguez e Francisco Conde, respectivamente, ademais dos candidatos ao Congreso e ao Senado, Joaquín García Díez e Manuel Varela, nunha reunión que mantiveron con adegueiros e representantes do sector.

Os responsables autonómicos expuxeron as negociacións levadas a cabo para que finalmente esta zona opte a tal declaración. Concretamente, segundo indicou Roman Rodríguez, foron moitas as reunións mantidas entre as administracións implicadas e a Denominación de Orixe para acadar unha proposta de consenso. Tal é así que todas as alegacións rexistradas foron contempladas, pois o obxectivo era, segundo destacou o conselleiro, “garantir que a declaración de BIC e a posterior distinción da UNESCO non afecte ao traballo agrícola e cultivo do viño”.

O expediente da declaración abarca a dúas provincias (Lugo e Ourense), en torno a 170 núcleos de poboación e a 174 quilómetros. Trátase así dunha zona moi extensa, na que este recoñecemento pode xerar competitividade e unha maior rendibilidade do produto. “Vai  haber un plus de calidade que vai axudar ao sector a ser máis competitivo. Poñeranos a nivel de rexións como Porto ou Borgoña, onde hai un valor engadido asociado a unha imaxe de marca”, destacou o conselleiro de Cultura.

Convencidos de que se abre “un futuro moi esperanzador dende o punto de vista económico”, a Xunta de Galicia tamén está a impulsar un plan estratéxico global de Denominacións de Galicia, para abordar de xeito integral accións que axuden a mellorar o conxunto do sector”.

Francisco Conde explicou que estes días mantiveron unha xuntanza cos representantes das cinco DOs para abordar unha estratexia conxunta pensada dende o punto de vista da internacionalización, a apertura de mercados e a diversificación. E é que a de Ribeira Sacra só exporta o 5% do que produce. Trátase, en última instancia, “de que se incremente o mercado nos países propostos polos membros da Denominacións: Reino Unido, Suíza e Holanda”, apuntou.

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria avogou tamén pola innovación como elemento potenciador e diferenciador do produto. Neste senso, a Xunta de Galicia incluíu a produción do viño na Cluster da Alimentación para que precisamente as adegas poidan mellorar os seus proxectos. Tal é así, que o Goberno galego xa ten en marcha dúas convocatorias adicionais máis, tal e como explicou o responsable autonómico.

Se o PP goberna, a provincia “ten futuro”

Joaquín García Díez destacou a importancia de que o Partido Popular estea nas administracións para que a provincia “teña futuro”. A este respecto, lembrou como cando foi alcalde de Lugo impulsou os trámites para que a Muralla fose declarada Patrimonio da Humanidade. “Cada año son más los turistas por lo que a Lugo le vino muy bien. Sigámoslo haciendo así de forma coordinada porque es una oportunidad extraordinaria desde el punto de vista económico y turístico. Por eso son importantes los gobiernos del PP y no es lo mismo que en las instituciones estén unos que que estemos otros”, matizou.

Programa do PP

O PP continuou así cos actos sectoriais que está a desenvolver na provincia durante a campaña electoral. Ademais da xuntanza en Sober, os representantes desta formación en ambas Cámaras participaran en varios mítines na provincia. É o caso do desta tarde en Vilalba, no que tamén intervirá o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo.

 

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

13 − cinco =

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.